RESUMEN DEL LIBRO: Cando escribo estas liñas que pretenden servir de vieiro para quen se adentre no máis profundo deste libro, no taller onde traballa Juan Tomé estanse a dar os últimos retoques a un novo barco que sulcará as nosas costas. Este barco de 6,8 metros de eslora, 2,15 de manga e 0,85 de puntal pode ser un dos últimos ou tal vez o derradeiro dos que constrúan en Porto do Son. Atrás quedan varias ducias de barcos, auténticas pezas de museo e ó redor de cen anos de artesanía mariñeira. Segui-lo traballo cotían deste artesano carpinteiro, vendo como medraba, paso a paso, caderna a caderna, un barco de pesca resultou unha experiencia que se nos antoxa irrepetible. Por iso, cando me decatei de que espertaba en min curiosidade, fun recollendo nestas breves páxinas non só o labor d'un home que semella esculpir un barco que mima coma unha xoia senón que tentamos recoller tamén a pequena historia da construccion naval no Son nos últimos tempos así como as diferentes embarcacións e as ferramentas que empregaron.
PRECIO: 6,60 Euros
Producto temporalmente sin existencias
IDIOMA
PAGINAS
AÑO
EDICION
MEDIDAS
ILUSTRACION
Gallego-
76-
1.994-
1ª-
14,5x21-
Dib. b/n, Fot. b/n-
INDICE DEL LIBRO:
Introducción.
Os carpinteiros de ribeira do Son no último século.
O Asteleiro.
As Ferramentas.
Os Barcos.
¿Como se constrúe un barco?.
Conclusións.
Bibliografía.
Los clientes al comprar el libro "A carpinteria de ribeira en Porto do Son" también se interesaron por los libros: